A derradeira entre chourizos

Data:sábado 10 de decembro
Itinerario:  Mosteiro Santo Estevo - Mosteiro San Pedro de Rocas - Loñoá
Distancia: 20 km
Dificultade: media




Rematamos o ano co noso tradicional magosto de inverno!!! Para gozar dunha xornada única atentas ás recomendacións: 


1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es falan de que teremos un día gris pero sen auga e con temperaturas moderadas. Un día fantástico para camiñar! :) 

En base a previsión e ao coñecemento do ititnerario recomendamos:

- Para a parte superior como é común levar roupa en varias capas para abrigar e tamén para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas. Asemade se tedes posibilidade de levar na mochila un poncho-chuvasqueiro por se a previsión falla sempre é recomendable.

- Para o tren inferior o calzado ideal é bota tipo Trecking con Gore-Tex. Polainas e uso de bastóns ao criterio individual. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas... Lembrade que ao rematar a ruta teremos un xantar propio de magosto, polo que non comades moito antes. ;)

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Necesario na mochila un paraugas pequeno. 



4) Horarios: Os de Ourense ás 9h no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web. A hora de remate aproximado do magosto será as 18:00h.