Seguimos coñecendo os ríos galegos, agora é a quenda do Umia

Data:sábado 5 de novembro
Itinerario:  Caldas de Reis – Segade de Arriba – O Tiñoso – Parque Natural Muíños do Río da Barosa – Caldas de Reis
Distancia: 18 km
GPS: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=15312566
Dificultade: baixa - media


Despois de entrar en campaña co paseo por Ourense e o baño termal non abandonamos a auga e seguimos coñecendo os fermosos ríos galegos. O sábado 5 de novembro é a quenda do Umia e os Muíños da Barosa. E para gozar da ruta, recomendacións: 

1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es falan de que teremos un día gris e con presencia de nubes pero sen auga. Con todo o cambio chegará nas temperaturas que baixarán bastante con respecto ao vivido estes días. En base a tal e ao coñecemento do ititnerario recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas. Asemade un pequeno chuvasqueiro na mochila por se falla a previsión sempre é acertado.

- Para o tren inferior o calzado ideal sería zapatilla baixa tipo Trecking, e recomendable con Gore-Tex polos tramos compartidos con río pero non esencial. Desta volta non recomendamos o uso de polainas nin de bastóns pero coma sempre quedan do criterio individual. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Necesario na mochila un paraugas pequeno. 

4) Horarios: Os de Ourense ás 9h no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web. A hora de remate aproximada da ruta será as 17:30h.