Ponte Navea: a mellor ruta do outono posible

Data:sábado 19 de novembro
Itinerario:  S.Xoán do Río - Ponte Navea - Pena Folenche - Ponte Navea - A Fraga - S.Xoán do Río
Distancia: 18 km
GPS: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=15457404
Dificultade: media - alta


Chega o outono e para gozar das súas cores imos ao mellor lugar de Galicia para coñecelo, o Val do Navea, a primeira paisaxe protexida de Galicia. E coñecedores das singularidades da ruta recomendamos: 

1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es falan de que teremos un día gris, presencia de nubes e algo de auga. Un día propio do outono :) Ademais lembrade que con esta ruta abrimos a tempada de montaña polo que as temperaturas serán baixas. En base a tal e ao coñecemento do ititnerario recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa en varias capas (1ª interior térmica, 2ª polar e 3ª exterior impermeable) para abrigar e tamén para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas. Asemade se tedes posibilidade de levar na mochila un poncho-chuvasqueiro por se a previsión de auga aumenta sempre é recomendable.

- Para o tren inferior o calzado ideal é bota tipo Trecking con Gore-Tex. Desta volta si que recomendamos o uso de polainas. 

O uso de bastóns axudaría pero queda ao criterio individual. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas... 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Necesario na mochila un paraugas pequeno. 


4) Horarios: Os de Ourense ás 9h no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web. A hora de remate aproximada da ruta será as 17:30h.