A primeira do ano entre augas e pedras milenarias

Data:sábado 22 de outubro
Itinerario: Campus Universitario de Ourense - Castro de Santomé - Loña - Balneario de Outariz
Distancia: 18 km
Dificultade: baixa
Nota: a ruta inclúe paradas interpretativas no camiño e baño no balneario ao rematar



Comeza o ano académico e con este os xa clásicos roteiros culturais da Universidade de Vigo. Comezamos na cidade de Ourense descubrindo o rico patrimonio natural, cultural e as fantásticas augas termais do seu subsolo. Recomendacións: 


1) As previsións de Meteogalicia e ElTiempo.es falan de que teremos un día gris e con posible presencia de auga contra media tarde. Con todo as temperaturas serán boas polo que como coñecedores da singularidade do itinerario recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa impermeable transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas. Asemade un chuvasqueiro para afrontar a auga da previsión.

- Para o tren inferior o calzado ideal sería zapatilla baixa tipo Trecking, e recomendable con Gore-Tex. Desta volta non recomendamos o uso de polainas pero si o de bastóns pero coma sempre quedan do criterio individual. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas... Ao remate do baño no balneario teremos un pequeno petisco grazas á xenerosidade de Termas Outariz e ao Servizo de Deportes da Univerisdade de Vigo co que daremos a benvida de forma oficial a todas as participantes. 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Necesario na mochila un paraugas pequeno. Asemade e como ao remate haberá baño no balneario recomendamos traer unha muda ao marxe de bañador, chanclas e toalla que poderán quedar no autobús namentres facemos a ruta par a non cargar peso en marcha. ;)

4) Horarios: Os de Ourense ás 9h no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web