A derradeira do ano 15-16

Data:sábado 07 de maio
Itinerario: Oia (mosteiro) - A Cabeciña - San Cosme - Petroglifos Outeiro dos Lameiros - Baiona
Distancia: 20 km
Dificultade: baixa-media
Nota: a ruta inclúe paradas interpretativas no camiño e baño na Praia Ladeira ao remate
Ruta para GPS: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=13198194


Chega a derradeira do ano académico coa nosa cita anual coas praias das Rías Baixas. E para ter un día perfecto recomendamos: 


1) A previsión de MeteogaliciaElTiempo.es e en especial de WindGuru fala de que teremos un día gris e con presencia de auga. Con todo as temperaturas serán boas e semella que a cantidade de choiva nunca será superior ao 1 mm/3h polo que como coñecedores da singularidade do itinerario recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa impermeable transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas. Asemade un chuvasqueiro para afrontar a auga da previsión.

- Para o tren inferior o calzado ideal sería zapatilla baixa tipo Trecking, e recomendable con Gore-Tex. Desta volta non recomendamos o uso de polainas nin bastóns pero coma sempre quedan do criterio individual. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas... 



3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Necesario na mochila un paraugas pequeno. Asemade ao remate existirá a posibilidade de baño polo que recomendamos deixar unha muda con bañador e toalla no autobús para gozar do mar ao remate. ;)

4) Horarios: Os de Ourense ás 9h no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web


Publicacións populares deste blog

A derradeira entre chourizos

De finde á montaña, imos ao Xurés