Roteiro Cultural nas Fragas do Eume

Data:sábado 23 de abril
Itinerario: Teixido - C. Ventureira - Río Eume - Mosteiro Caaveiro - Centro de Interpretación P.N.
Distancia: 13.5 km
Dificultade: baixa-media
Nota: a ruta inclúe parada interpretativa ao Mosteiro de Caaveiro
Ruta para GPS: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=13022512


A pouco de rematar o ano académico achegámonos ao Parque Natural das Fragas do Eume, o maior bosque atlántico costeiro. Unha ruta fantástica de perfil baixo e con parada interpretativa ao Mosteiro de Caaveiro. E para ter un día perfecto recomendamos: 

1) A previsión de Meteogalicia e ElTiempo.es fala de que teremos un día gris e con probabilidade de auga nas primeiras horas do día. Con todo as temperaturas serán boas polo que como coñecedores da singularidade do itinerario recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa impermeable transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas. Asemade un chuvasqueiro para afrontar as primeiras horas de auga da previsión.

- Para o tren inferior o calzado ideal sería bota baixa tipo Trecking, e recomendable con Gore-Tex. Desta volta non recomendamos o uso de polainas, malia a que nunca sobran, pero si outros complementos como bastóns.  

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas... 


3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Necesario na mochila un paraugas pequeno.

4) Horarios: Os de Ourense ás 8:30 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web