Un percorrido patrimonial nas terras de Allariz

Data:sábado 20 de febreiro
Itinerario: Portela - Allariz - O Rexo - Santa Mariña Augas Santas - Armea
Distancia: 19 km
Dificultade: media
Nota: a ruta inclúe visita guiada ao Complexo Arqueolóxico de Armea
Ruta para GPS: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=12216395



A proposta para este sábado será unha ruta dende o corazón da Reserva da Biosfera de Allariz ata o singular complexo arqueolóxico de Armea en Santa Mariña de Augas Santas, pasando pola fermosa vila capital do concello e o Centro de Educación Ambiental de O Rexo. E para ter un día perfecto recomendamos: 

1) A previsión de Meteogalicia e ElTiempo.es fala de que teremos un día moi frío e gris pero sen previsión de auga. Así é que con temperaturas mínimas próximas aos 0º, máximas de só 9º e coñecedores da singularidade do itinerario recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa de abrigo, transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas. Asemade non sobra nunca un chuvasqueiro na mochila para afrontar posibles variacións da previsión.

- Para o tren inferior o calzado ideal sería bota tipo Trecking, e recomendable con Gore-Tex. Desta volta si recomendamos o uso de
 polainas para o tramo de ribeira así como outros complementos como bastóns. Asemade, e para quen dispoña deles, recomendamos traer frontais para o acceso á cripta de Santa Mariña de Augas Santas. 

2) Como avituallamento: bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas... 


3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Se tedes espazo na mochila un paraugas pequeno, xa sabedes que nunca está mal para ir 100% preparados para calquera imprevisto. 

4) Horarios: Os de Ourense ás 9:30 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web