A primeira de 2016, volvemos!!

Data:sábado 16 de xaneiro
Itinerario: Santa Eulalia de Mos – A Gándara – Chan das Pousas – O Castro
Distancia: 19 km
Dificultade: baixa - media
Nota: a ruta inclúe paradas interpretativas ao longo do percorrido: Festa da Prehistoria de Mos
Ruta para GPS: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1164475


Feliz ano 2016!!! ...e para parabenizar en persoa volvemos cunha nova ruta. E será histórica!!!

1) A previsión de Meteogalicia e ElTiempo.es fala de que teremos un moi bo día para a práctica do sendeirismo. Con algo de frío pero igualmente fantástico para camiñar!! Así é que as temperaturas mínimas serán de 3º e as máximas de só 12º. Recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa de abrigo, transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas.

- Para o tren inferior o calzado ideal sería bota baixa tipo Trecking, non é necesario o Gore-Tex. Desta volta tampouco recomendamos o uso de
 polainas pero si outros complementos como bastóns pois a ruta ten subidas e baixadas onde sacarlle uso. Asemade lembrar que podemos deixar unha muda para o fin da ruta no autobús. Sempre recomendable!!

2) Despois da festa do magosto volvemos cos avituallamentos normais: bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas... IMPORTANTE SEMPRE TRAER BEBIDAS, xa que durante o percorrido existen poucos puntos de auga.


3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Se tedes espazo na mochila unha GORRA OU VISEIRA xa sabedes que nunca está mal para ir 100% preparados para calquera imprevisto. 

4) Horarios: Os de Ourense ás 9:00 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web