A benvida do ano con viño do Ribeiro

Data: sábado 24 de outubro
Itinerario: Carballeda de Avia, A Veronza, Pena Corneira, Valboa, Paredes, Lebosende, Leiro.
Distancia: 17.5 km
Itinerario para GPS: http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=11149550 



Volvemos!! ...este sábado reactivamos os Roteiros Culturais da Universidade de Vigo cunha ruta de dificultade media na contorna do Monumento Natural de Pena Corneira. E para gozar do día as nosas recomendacións:

1) A previsión de Meteogalicia e ElTiempo.es fala de que teremos un bo día para a práctica do sendeirismo. As temperaturas mínimas de 11º e máximas de 19º xunto cun ceo pouco anubrado aconsellan:

- Para a parte superior levar roupa transpirable en varias capas para poder ir retirando progresivamente a medida que entramos en calor e aumentan as temperaturas.

- Para o tren inferior o camiño é aberto e por pistas na súa maioría  polo que o calzado ideal sería zapatilla baixa tipo Trecking e se ben non son
 necesarias as polainas outros complementos como bastóns poden ser de grande utilidade. 

Lembrade que podedes deixar unha muda para o fin da ruta no autobús. ;)

2) Recomendamos tamén, e como é norma, traer avituallamento(bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas...) INSISTIMOS NO DE BEBIDAS, xa que durante o percorrido existen poucos puntos de auga.


3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla. Se tedes espazo na mochila unha GORRA OU VISEIRA e PARAUGAS PEQUENO xa sabedes que nunca está mal para ir 100% preparados para calquera imprevisto. 

4) Horarios: Os de Ourense ás 9:00 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web. Ao fin da ruta teremos unha pequena cata na Adega Ramón do Casar (Vide, Castrelo de Miño) polo que a hora de remate prevista aproximada serán as 17:00h.

Comezamos!!