Queredes neve? Seguro? Pero seguro, seguro?

Data: sábado 7 de febreiro
Itinerario: Encoro de Chandrexa de Queixa, Santa Cruz, A Ferrería, O Teixedo, O Bidueiral, Vilanova, Montederramo
Distancia: 20.5 km
Itinerario para GPS: http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8798085



Chega a ruta máis agardada polos amantes da montaña e das panorámicas imposibles. Chega a ruta de Montederramo!!! Este ano ademáis innovando cunha ruta que recupera parte do antigo GR56 - Transourensán. Un percorrido fantástico con 10 km de neve con máximos de 60 centímetros de grosor. E para gozar ben do día e non ter problemas atent@s as nosas recomendacións:


1) A previsión de Meteogalicia (visualiza aquí) a día de hoxe fala de que teremos un gran día, moi baixa probabilidade de chuvia pero temperaturas moi frías (3º-9º). Así é que recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa de abrigo en varias capas e a ser posible impermeable. Importante braga para o pescozo, gorro e luvas.

- Para o tren inferior ideal pantalón trecking, ideal se é abrigoso, polainas e botas con Gore-Tex que permitirá fixar o pé nun firme inestable e non filtrar a humidade da neve.

Notas:


1. OBRIGATORIO: deixade unha muda para o fin da ruta no autobús. Esencial calzado e calcetíns!!!

2. INTERESANTE: esta é a ruta para sacar todo o equipo. Por exemplo os bastóns son máis que cómodos se tedes opción de levalos e incluso se algún ten raquetas para camiñar pola neve é o momento!!!! ;)

2) Recomendamos tamén, e como é norma, traer avituallamento(bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas...)


3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla.

4) Horarios: Os de Ourense ás 9:00 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web