Camiño da Raíña Santa

Data: sábado 21 de febreiro
Itinerario: Bande, Alto do Vieiro, Gontán, Celanova
Distancia: 18 km
Itinerario para GPS: http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8843827
Nota: A ruta inclúe unha visita guiada á Capela Mozárabe de Santo Miguel de Celanova e Mosteiro de San Salvador

 
Despois da fantástica ruta da neve por Montederramo deixamos a un lado o equipo de alta montaña e tornamos aos típicos carreiros e sendeiros da nosa fermosa xeografía. A ruta é ben sinxela e servirá para estirar perna despois da dureza da anterior. E para facela máis interesante os primeiros km serán con modalidade de andaina libre e haberá sorteo de premios. :) 

As nosas recomendacións: 

1) A previsión de Meteogalicia (visualiza aquí) fala de que teremos un día regular. Comezaremos con probabilidade de chuvia e temperaturas frías (5º) mellorando pola tarde. Así é que recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa de abrigo en varias capas e a ser posible impermeable. Importante se a primeira hora chove levar paraugas.

- Para o tren inferior o camiño non é moi complicado polo que o ideal sería zapatilla baixa tipo Trecking con Gore-Tex. 


Non será necesario nin polainas nin outros complementos como bastóns. De todos modos quen o use avanti!! ;)

Lembrade que podedes deixar unha muda para o fin da ruta no autobús. Esencial calzado e calcetíns!!!

2) Recomendamos tamén, e como é norma, traer avituallamento(bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas...)


3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla.

4) Horarios: Os de Ourense ás 9:00 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web