Co frío as pedras falan

Data: sábado 24 de xaneiro
Itinerario: PRG135, Capela de Santa Mariña, Porta do Alén, Barcia, Gabián, Cambeses, A Fírveda, O Pelete
Distancia: 18.5 km
Itinerario para GPS: http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8667561  
Nota: A ruta inclúe paradas interpretativas ao longo do percorrido



Seguimos paseando as serras meridionais da nosa Galiza. Se na anterior ruta achegámonos áo Leboreiro, desta volta tiraremos as mellores fotos invernais na Serra do Suído, en concreto na Serra do Cando. Chanzo a chanzo e pegada a pegada por un roteiro cun alto valor simbólico no que as pedras como A Porta do Alén agochan fantásticas lendas e tradicións. Valores que sumados a unhas panorámicas únicas se o tempo respecta compoñen un plan fantástico para este sábado.

Coma sempre, partindo do recoñecemento do terreo, o perfil e a predicción para esa xornada:

1) A previsión de Meteogalicia (visualiza aquí) a día de hoxe fala dun día anubrado con probabilidade de auga e con temperaturas moi frías con máximas de 12º. Xa que logo, e despois da neve destes días, é probable que a ruta branca do ano que tiñamos prevista para Montederramo chegue con 15 días de antelación. Así é que recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa de abrigo en varias capas e a ser posible preparadas para algo de auga. Importante braga para o pescozo, gorro e luvas. Pensade que estaremos a case 1000 metros nun Parque Eólico con moito vento, polo que a sensación térmica será moi fría.

- Para o tren inferior ideal pantalón trecking, ideal se é abrigoso, polainas e botas con Gore-Tex que permitirá fixar o pé nun firme inestable e non filtrar auga.

Nota: lembrade coma sempre que podedes deixar unha muda para o fin da ruta no autobús. Neste caso máis que recomendable!!!!!!

2) Recomendamos tamén, e como é norma, traer avituallamento(bocadillo, froita, froitos secosauga, bebidas isotónicas...)

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla.

4) Horarios: Os de Ourense ás 8:30 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web