5_2014-15_A recuperar a forma despois do nadal

Data: sábado 10 de xaneiro
Itinerario: Olelas, Río Leboreiro ata Ribeiro Baixo, Casa do Frade, A Pereira, Ferreirós, Entrimo
Distancia: 17 km
Itinerario para GPS: http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8467527
Nota: A ruta inclúe visita comentada á igrexa Santa María Real de Entrimo


Entramos no 2015 cunha ruta de altura, non moi longa pero cun perfil típico de montaña (564 m. de acumulado en subida e 668 m. de baixada). Con todo, é unha ruta sinxela que servirá para descubrir os tesouros desa Reserva da Biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés.

Remontaremos pola fronteira galaico-portuguesa do Río Leboreiro ata o alto da Casa do Frade onde faremos parte da coñecida Ruta do Pan coa que descolgarémonos sobre Entrimo. Punto no que a singular igrexa de Santa María Real servirá de broche da xornada. Escollemos este punto e non o Castro de Os Castelos (que queda para o próximo ano) presente no programa orixinal porque consideramos que despois do nadal o estado de forma maioritario non sería o máis apropiado para unha ruta máis longa. E que somos dun bo..... :P

Coma sempre, partindo do recoñecemento do terreo, o perfil e a predicción do tempo para esa xornada:

1) A previsión de Meteogalicia (visualiza aquí) a día de hoxe fala dun día soleado, semellante a cando nós fixemos o recoñecemento, e temperaturas frías con mínimas de 4º e máximas de 16º. Xa que logo semella que entramos no novo ano con mellor sorte e con tempo seco a diferencia que como o rematamos. Con todo grande parte do percorrido discorre próximo ao río, con regos constantes, nacentes de auga, etc. Así é que recomendamos:

- Para a parte superior levar roupa de abrigo en varias capas para ir quitando a medida que entremos en calor en ruta. Importante braga para o pescozo e gorro e luvas para as máis "frioleir@s".

- Para o tren inferior ideal pantalón trecking, non fai falla que sexa moi abrigoso, polainas e botas con Gore-Tex que permitirá fixar o pé nun firme inestable e non filtrar auga.

Nota: lembrade coma sempre que podedes deixar unha muda para o fin da ruta no autobús.

2) Recomendamos tamén, e como é norma, traer avituallamento(bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas...)

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla.

4) Horarios: Os de Ourense ás 8:30 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web