Imos pola derradeira de 2014, imos de magosto!!!

Data: sábado 13 de decembro
Itinerario: Xunqueira de Ambía, Outerelo, Salgueiros, A Beirada, Vilameá, Arrabaldo, Reboredo, Moreiras, Caspiñón, Boeiros, Río Loña, AR Loñoá
Distancia: 23 km
Nota: A ruta inclúe visita á Santa María de Xunqueira de Ambía. Ao remate celebraremos un magosto con chourizos, castañas, viño e outros produtos típicos de Ourense




Este sábado temos o derradeiro roteiro deste ano 2014. Unha ruta que parte de Xunqueira de Ambía e percorre parte desa mal chamada "Vía da Prata". E falamos de parte porque como é norma a derradeira do ano rematará cun bo magosto na área recreativa de Loñoá. Toda unha celebración!!! 100% ourensana por suposto...e coma sempre con sorteos!!!

O percorrido, malia os 23 km, é moi suave e maioritariamente chairo. Xa que logo, partindo do perfil e o recoñecemento da ruta, as nosas recomendacións específicas:

1) A previsión do tempo e os modelos numéricos de Meteogalicia (visualiza aquí) fala de algunha posibilidade de auga nas primeiras horas do día pero moi pouca cantidade. Non teremos auga pero si frío, con temperaturas entre 8º e 12º, polo que en suma aconsellamos levar algo de roupa preparada para a auga pero especialmente varias capas de abrigo para ir quitando a medida que entremos en calor en ruta e para non pasar frío ao fin da ruta. Lembrade que sempre podedes deixar unha muda no autobús. Como calzado aconsellamos zapatillas baixas tipo trecking, cómodas para camiñar por pistas e se ten Gore-Tex mellor pero agás o tramo final de río non pasaremos por zonas de auga. .

2) Recomendamos traer tamén algo de avituallamento (bocadillo, froita, froitos secos, auga, bebidas isotónicas...). Faremos unha parada a media mañá, aínda que non comades moito que ao rematar arredor das 16h teremos chourizo e castañas para tod@s!!! 

3) Equipo aconsellable complementario: mochila pequena con apósitos para as bochas e navalla.

4)
Horarios: Os de Ourense ás 9:00 no Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra pedide información nos vosos campus ou na web