13/14 - 2º Ribeira Sacra (Peroxa-Santo Estevo)


Segundo roteiro cultural do ano académico 2013/2014. Unha fermosa ruta que comezaba no Castelo de A Peroxa coas explicacións do noso compañeiro medievalista e investigador da Universidade de Vigo Victor Rodríguez Muñiz para descender progresivamente ata chegar ao Río Miño. Despois de remontar este río ata Os Peares comezaban os 5 km duros da andaina para gañar altura ata a Necrópole Megalítica de Moura e dende aquí descender suavemente ata o fantástico Mosteiro de Santo Estevo e rematar co paseo en barco. Unha xornada dura pero fantástica malia o mal tempo!!! 


Nota1: Parabéns ao concello de A Peroxa polo estado de conservación da ruta e o castelo.
Nota2: Grazas a tod@s @s que cedestes o voso lugar no catamarán e agardastes con paciencia no embarcadoiro. 


Se queredes botarlle unha ollada ás fotos da ruta e descargar algunha premede aquí. E se queredes a ruta xa sabedes que están todas coladas en wikiloc.