Todo listo para a segunda! E vós?

Xa fixemos o traballo de recoñecemento da próxima ruta que faremos o próximo 9 de novembro. Un roteiro fantástico que comeza no Castelo de A Peroxa, que visitaremos da man do medievalista Víctor Muñíz, e descende progresivamente ata chegar ao Río Miño que remontaremos ata Os Peares. Neste punto comezan os 5 km duros da andaina para gañar altura ata a Necrópole Megalítica de Moura e contemplar a Ribeira Sacra no seu esplendor. Os derradeiros quilómetros non requiren moito esforzo descendendo suavemente ata o fantástico Mosteiro de Santo Estevo. 


E lembrade!! ...o próximo 9 de novembro cando fagamos a ruta colleremos tamén o catamarán para ver o Río Sil a vista de barco. Menudo plan!!! Bulide se queredes reservar praza porque son limitadas. 


Publicacións populares deste blog

A derradeira entre chourizos

De finde á montaña, imos ao Xurés