Listos para a primeira do ano??


Xa está ás portas a primeira ruta do ano, e coma sempre antes da ruta recomendamos:

1) A previsión do tempo é regular. Fará calor pero teremos chuvia intermitente. Ademais o terreo estará moi afectado por estes días de auga polo que a nosa recomendación é de calzado tipo bota. Aínda que a maioría do camiño é por pistas e carreiros, polo que un calzado baixo e cómodo, tipo zapatilla de trecking, tamén é viable. Sexa o que sexa sempre con Gore-Tex!! 

2) Traede, coma sempre un petisco de avituallamento (bocadillos, froita, froitos secos, bebidas etc.). 

3) Equipo aconsellable: mochila pequena con chuvasqueiro, paraugas, apósitos para as bochas, muda completa (outros calcetíns), navalla, cantimplora ou similar con auga.

4) Ao remate teremos cata de viños nunha adega do Ribeiro!! Polo que rematará a actividade a media tarde.

5) Horarios: desta volta tócavos madrugar aos de Vigo e Pontevedra. Ás 9:00 en Café-Bar Bekas. @s que sodes de Vigo e Pontevedra contactade co Servizo de Deportes dos vosos Campus para concretar hora. Na cafetería teremos sorteos de inicio de curso!!! 

Para que vos fagades unha idea da ruta colamos estas imaxes do álbume que tedes en Facebook da ruta de recoñecemento do territorio que fixemos fai un par de semanas. Ano académico 2013/2014 benvido!!!