A pola penúltima do ano: Cortegada

Xa resta menos para rematar o ano académico 12/13 e con este os Roteiros Culturais. A penúltima ruta será nas fermosas terras de Cortegada. Unha andaina de ribeira xa que grande parte do seu percorrido faise ao carón do Río Miño.

No recoñecemento do terreo non localizamos ningún tramo con tanta auga como no Courel pero seguimos recomendando o uso de botas. Alomenos ata que deixe de chover.

Lembrade, saímos ás 9:00 dende Cafetería Bekas de Ourense. @s que sodes de Pontevedra e Vigo contactade co Servizo de Deportes do voso campus para definir punto de saída e horario.

Colamos unha escolma de imaxes para que vos fagades unha idea: 


Publicacións populares deste blog

A derradeira entre chourizos

De finde á montaña, imos ao Xurés