E chegou o roteiro polo Courel

Despois de escoitar as moitas demandas de organizar unha ruta pola Serra do Courel xa a temos aquí. Será o próximo sábado 6 de Abril e, despois de recoñecer o terreo, un par de recomendacións:

- levade cámara, xa que logo as paisaxes son fantásticas!! Ollade:



- levade BOTAS e POLAINAS!! As choivas deste ano mostran o monte con todo o seu esplendor pero en moitos puntos os regos están desbordados e os camiños convertéronse en verdadeiros ríos:


- e recordade saímos ás 9:00 dende a Cafetería Bekas de Ourense. @s que sodes de Pontevedra e Vigo contactade co Servizo de Deportes do voso campus para definir punto de saída e horario.