Imos entón pola segunda do ano!!

Este sábado imos pola segunda do ano!!! ...nesta ocasión descenderemos o río Arenteiro ata a desembocadura no Avia para rematar cunha pequena visita ó mosteiro de San Clodio e unha cata de viños do Ribeiro!!! Si, unha CATA DE VIÑOS!!! Xa que logo non fagades plans para a tarde do sábado porque chegaremos hip...un pouco...hip...tarde...hip. ;)


Lembrade:

Grupo Pontevedra-Vigo:
 Saída bus Pontevedra ás 08:00 nas proximidades do Cafetín (Alameda) e ás 08:25 na antiga Reitoría de Vigo (R./ Areal): destino punto reunión aparcadoiro estación de tren do Carballiño.

Grupo Ourense:
 Saída dende a Cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio, Ourense) ás 9:00 destino punto reunión aparcadoiro estación de tren do Carballiño.