A primeira do ano académico 12-13

Comezamos?? Estamos a menos de sete días para a primeira andaina deste ano académico. Nesta ruta partiremos dende o restaurado paseo das pozas de Melón para, despois dunha pequena visita guiada ó mosteiro, descender todo o río Cerves ata a súa desembocadura no Miño (15 km aprox). Neste punto, e gracias á colaboración das Termas do Prexigueiro, teremos a oportunidade de disfrutar dun reparador baño termal. Un bo inicio, non é??


Lembrade:

Grupo Pontevedra-Vigo: Saída bus Pontevedra ás 08:15 nas proximidades do Cafetín (Alameda) e ás 08:30 na antiga Reitoría de Vigo (R./ Areal): destino punto reunión cafetería das Pozas de Melón.

Grupo Ourense: Saída dende a Cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio, Ourense) ás 9:00 destino punto reunión cafetería das Pozas de Melón.

Nota: traer roupa de baño (toalla, bañador, chancletas...) para baños termais.