A penúltima!!!

 Xa temos todo preparado para a penúltima andaina deste ano. Este sábado 5 de maio achegámonos a fermosa paisaxe do Encoro das Portas, realizando unha das etapas máis espectaculares do Camiño de Santiago-Camiño Sanabrés. A ruta roldará os 30 km que separan as vilas de A Gudiña e Laza. As previsións do tempo non son boas polo que ide preparad@s, aínda que desta volta non teremos que cruzar ningún río. ;)



  Lembrade:

Grupo Pontevedra-Vigo:
 Saída bus Pontevedra ás 07:00 nas proximidades do Cafetín (Alameda) e ás 07:25 na antiga Reitoría de Vigo (R./ Areal): destino punto reunión Cafetería El Peregrino (A Gudiña).

Grupo Ourense:
 Saída dende a Cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio, Ourense) ás 8:00 destino punto reunión Cafetería El Peregrino (A Gudiña).

Publicacións populares deste blog

De finde á montaña, imos ao Xurés

Comeza o ciclo de montaña 2017 [Actualizada]

Ruta do Contrabando de Vilardevós