A derradeira do ano 11/12

Xa están todas as prazas cubertas para a derradeira andaina do ano académico 2011/2012. Será porque gostades das praias do Morrazo?, será porque a dificultade da ruta é baixa?, será porque estades interesad@s en descubrir os secretos dun dos sitios arqueolóxicos coas mellores vistas de toda Galicia? ...ou será polos créditos ECTS ou de Libre configuración? jejejeje...


Sexa polo que sexa vémonos o sábado en ruta, e lembrade:


Grupo Pontevedra-Vigo:
 Saída bus Pontevedra ás 08:30 nas proximidades do Cafetín (Alameda) e ás 09:00 na antiga Reitoría de Vigo (R./ Areal): destino punto reunión aparcadoiro do porto de Cangas.

Grupo Ourense:
 Saída dende a Cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio, Ourense) ás 8:00 destino punto reunión aparcadoiro do porto de Cangas.



Publicacións populares deste blog

A derradeira entre chourizos

De finde á montaña, imos ao Xurés