Un roteiro "MAGNO"...

 Xa temos todo preparado para a andaina deste sábado 24!!! ...despois de observar in situ o percorrido enxergamos a necesidade de modificar o itinerario previsto e concentrarnos no fermoso Canón do Río Mao. Xa que logo foi recentemente acondicionado para a práctica do sendeirismo e no seu meridiano para unha das necrópoles medievais máis monumentais de todo o Noroeste peninsular que teremos a oportunidade de descubrir da man do noso colega Victor Muñiz. Todo esto sen esquecer obviamente unha panorámica do Sil...  E logo!!!

 

 Lembrade:

Grupo Pontevedra-Vigo:
 Saída bus Pontevedra ás 07:30 nas proximidades do Cafetín (Alameda) e ás 07:50 na antiga Reitoría de Vigo (R./ Areal): destino punto reunión Cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio, Ourense) ás 9:00.

Grupo Ourense:
 Punto reunión Cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio, Ourense) ás 9:00.

Publicacións populares deste blog

De finde á montaña, imos ao Xurés

Comeza o ciclo de montaña 2017 [Actualizada]

Ruta do Contrabando de Vilardevós