Para @s interesad@s...

 Os últimos dous roteiros achegáronnos a dous lugares que a día de hoxe son verdadeiros referentes na investigación do mundo galaicorromano e medieval do noroeste. Ambos proxectos están inda vivos e en marcha, se queredes seguir o seu discorrer ou se queredes máis info só tedes que achegarvos as plataformas de difusión que para tal efecto existen na rede. No caso de Armea podedes estar ó día seguindo o blogue do LAUV-GEAAT ou tamén en Facebook, Twitter, Youtube...
 Para a necrópole de San Vitor podedes seguir tamén o seu blogue, pero recomendamos encarecidamente a visita virtual aloxada na web do concello de Parada de Sil que permite facer un percorrido polo xacemento con máis detalle case que a visita real jejejeje... ;) 


E lembrade, despois da Santa Semana de vacacións -o 21 de Abril- achegarémonos ó recentemente inaugurado Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro. Deica já!!