Entroido en Montederramo!!

 Despois da espectacular andaina polo Rosal e A Guarda, este SÁBADO 18 de febreiro cambiaremos por completo a paisaxe. Xa que logo achegarémonos ó faiado da Galicia, coroando os 1600 m. da serra de S. Mamede. Vide preparad@s, recordade esta imaxe:


Andaina de Montederramo do 19 de Febreiro de 2011. 
Este ano non temos previsión de neve, pero si de frío e vento!!

 Grupo Pontevedra-Vigo:
 Saída bus Pontevedra ás 07:15 nas proximidades do Cafetín (Alameda) e ás 07:45 na antiga Reitoría de Vigo (R./ Areal): destino punto reunión Cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio, Ourense) ás 9:00.

 Grupo Ourense:
 Punto reunión Cafetería Bekas (R./ Otero Pedraio, Ourense) ás 9:00.

NOTA: Ao remate da ruta haberá unha visita guiada polo mosteiro de Montederramo.